Hai uns días tivo lugar a reunión do xurado da edición XXXVIII do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé na sede do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade, en Fene.

Tras a deliberación, foi escollida como gañadora a obra titulada Vestiario que, aberta a plica, resultou ser de Paula Currás Prada.

Paula naceu e vive en Cambre. É doutora en poesía norteamericana pola Universidade da Coruña onde actualmente exerce como profesora e investigadora. A súa produción poética (en inglés e galego, respectivamente) foi publicada nas revistas Porridge e Dorna. En 2024 obtivo o segundo premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores, así como o XXXI Premio Xoán Díaz de Cambre en 2025.
Como se ve na primeira foto, o xurado deste ano estivo integrado polas poetas Lucía Aldao, Silvia Penas, dúas voces destacadas da poesía galega, con notable traxectoria tamén na poesía escénica e na música, acompañadas de Xosé Carlos Carracedo Porto, gañador do certame en 2023.
O próximo sábado 22 ás 20:30, na sede do Círculo Mercantil e Industrial de Fene entregarémoslle a Paula o seu Premio Pérez Parallé e pasará a formar parte da fantástica nómina de autoras e autores que conforman a nosa familia. Benvida!














Rematado xa o prazo de presentación de orixinais para a XXII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, O Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene fai pública a composición do xurado que escollerá a obra gañadora de entre os 28 orixinais presentados a concurso.
Licenciada en Historia da Arte, que foi profesora de ensino medio e Directora da Biblioteca de Narón; Baldo Ramos, poeta e artista plástico, que exerce como docente de Lingua e Literaturas Española e Susana Sánchez Aríns, gañadora da XXI edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, tamén docente de ensino medio.