En maio de 2018 entra en vigor o novo regulamento para o tratamento de datos persoais en bases de datos de empresas e entidades.
A xestión do Premio Pérez Parallé utiliza unha base de datos das persoas que participan no premio, tal como se indica nas bases.
Esta base de datos ten as seguintes finalidades:
– contactar coas persoas participantes se é necesario resolver algún problema durante o desenvolvemento de cada edición do certame
– contactar coa persoa gañadora do premio
– enviar ás persoas participantes de anos anteriores as bases das seguintes convocatorias
Con esta finalidade, dispoñemos dunha base de datos, propiedade do Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene e xestionada por Eduardo E. Nicolano Estévez.
Esta base de datos contén a seguinte información:
– Nome e apelidos, NIF (ou outro documento análogo), enderezo electrónico, teléfono e enderezo postal dos participantes durante a xestión de cada edición do premio
– Unha vez resolta cada convocatoria, eliminamos da base de datos a maioría destes datos e conservamos unicamente o nome e apelidos e o enderezo electrónico
Estes datos consérvanse nos sistemas informáticos do certame e realízanse copias de seguridade en arquivos na nube xestionados por Google Inc. a través das súas utilidades Google Drive, Google Docs e Gmail.
As persoas que conceden a súa autorización para o tratamento destes datos poden rectificalos ou solicitar a súa eliminación cando o desexen. Para iso deben poñerse en contacto coa organización do premio no enderezo correo@paralle.org.
O borrado dos datos dunha persoa participante do certame antes da emisión do fallo do xurado implica a retirada da súa obra do concurso.
Os propietarios da base de datos mencionada garanten que os datos non se cederán a terceiros e só se utilizarán para as finalidades mencionadas máis arriba.