Mario Regueira, gañador da XVIII edición do Premio, contesta as preguntas de Ramón Vilar en “Letra en Obras”.
Pódese ver a entrevista aquí.
Mario está estes días presentando a súa última novela, Outono aquí, publicada por Sotelo Blanco, coa que obtivo en 2011 o Premio Manuel Lueiro Rei de novela curta. É a segunda que publica, despois de L’affiche rouge (Xerais, 2007).
A maiores do libro co que gañou o Pérez Parallé en 2005, tamén publicou outro poemario, Blues da crecente, que obtivo o Premio Johán Carballeira en 2008 e foi publicado por Espiral Maior en 2009.
Un comentario en “Entrevista a Mario Regueira”
Os comentarios están pechados.